A Fundación
A Fundación L. Monteagudo foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela (A Coruña) o 17 de outubro de 2013 por D. Luis Monteagudo García. O 30 de abril de 2014 foi clasificada de Interese Cultural (DOG núm. 100 do 27 de maio), co que adscribiu ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O 9 de xuño de 2014 foi declarada de Interese Galego (DOG núm. 116 do 19 de xuño), polo que pasou a figurar no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección cultura, dende o 25 de xuño de 2014 co núm. 2014/7.
Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos, a Fundación persigue os seguintes fins:
- A investigación e os estudos de Prehistoria, Historia e Filoloxía de Galicia e, en especial, a publicación da documentación dos numerosos apuntamentos, fichas, notas, debuxos, cadernos, diarios, casetes, escritos e traballos persoais do fundador Luis Monteagudo, que estean sen publicar no momento do seu falecemento.
- A defensa, conservación, posta en valor e divulgación do Patrimonio Cultural Galego.
Padroado da Fundación
Presidente
Alfredo Erias Martínez
Vicepresidente
José María Veiga Ferreira
Secretario
Alberto López Fernández
Contacto
Enderezo fiscal
Avenida Jesús García Naveira n.º 16, 3.º esq.
15300 Betanzos (A Coruña)
Sede
Rúa dos Ferradores n.º 29, 1.º
15300 Betanzos (A Coruña)
Teléfono: 634 484 624
Correo electrónico: secretario@fundacionlmonteagudo.com